¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Coworking Deza


Coworking: vantaxes, desafíos e oportunidades

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • A nosa compañeira Cristina pasou varios meses traballando desde o espazo de Coworking Deza, aquí conta a súa experiencia

Por mor da pandemia estiven unha longa etapa traballando en remoto desde a miña casa, pero pasados varios meses decatéime de que algo estaba a fallar. A miña productividade estaba a diminuír e a sensación de illamento empezaba a ser asfixiante. Ademais, as fronteiras entre o traballo e o tempo persoal estaban a desdibuxarse, convertendo a miña casa nun espazo de traballo permanente.Despois de falalo coas compañeiras da cooperativa decidimos buscar unha solución que aunase a flexibilidade do traballo en remoto cun necesario cambio de escenario que me axudase a separar a vida laboral da persoal.

Desta forma, chegamos ao Coworking Deza. Neste lugar, atoparía un espazo dedicado exclusivamente ao traballo, pero tamén a oportunidade de estar en contacto con outros profesionais, algo que sempre resulta enriquecedor. O coworking ofrecíame a posibilidade de ter un espazo propio para traballar, flexible e axeitado ás miñas necesidades. 

Pasei varios meses traballando desde ese lugar e quero compartir a miña experiencia no mundo do coworking, unha modalidade de traballo que, aínda que presenta os seus retos, pode ser moi beneficiosa para moitas profesionais.

A premisa do coworking é sinxela pero poderosa: xuntos podemos facer moito máis. Os espazos de coworking promoven a colaboración, o aprendizaxe e o intercambio de experiencias entre diferentes profesionais. Pero, como en todo, tamén hai desafíos.

As vantaxes 

Traballar en espazos de coworking pode impulsar a produtividade. A oportunidade de crear redes de contactos, a aprendizaxe doutros profesionais en diversas áreas e a posibilidade de ter acceso a un espazo de traballo sen as complicacións loxísticas e económicas dunha oficina propia. Na miña opinión estas son algunhas das vantaxes máis atractivas.

Os desafíos 

Non obstante, non todo no xardín do coworking é marabilloso. Pode resultar complicado para algunhas persoas manter a concentración debido ao ruído ou a constante interacción social. Ademais, a falta dun espazo propio ou a sensación de falta de privacidade non é algo que lle funcione a todo o mundo. 

Descubrindo os espazos de coworking en Galicia

En Galicia hai unha gran variedade de espazos de coworking interesantes:

  • Espazo Arroelo (Pontevedra): Destaca pola súa comunidade activa e ubicación céntrica. 
  • Coworking Vigo: Ofrece un gran espazo e bos servizos de formación.
  • Espazo A Proa (Ames): Un espazo de traballo común para empresas e profesionais en crecemento
  • Sende (Ourense): É un espazo de coworking rural único na súa especie.
  • Doutroxeito (Santiago de Compostela): Ofrece unha ubicación excepcional e unha comunidade moi unida, aínda que o espazo pode ser un pouco pequeno.
  • Sar53 (Santiago de Compostela): un espazo de encontro e traballo con xardín e un ambiente relaxado. Unha alternativa tranquila preto do centro da cidade.

En resumo, os espazos de coworking poden ser unha excelente opción para aqueles que buscan unha forma flexible de traballar e crear redes. Pero, como todo na vida, tamén teñen os seus desafíos. Ao final, trátase de atopar o equilibrio que mellor funcione para cada un.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar